Ir o contido principal

Isabel Lirola, nova secretaria executiva do Grupo Compostela de Universidades

Isabel Lirola, nova secretaria executiva do Grupo Compostela de Universidades
Isabel Lirola, nova secretaria executiva do Grupo Compostela de Universidades

A profesora Isabel Lirola Delgado, vicedecana da Facultade de Dereito da USC, é a nova secretaria executiva do Grupo Compostela, que exercerá o seu cargo en funcións ata que sexa ratificado na asemblea xeral do grupo a celebrar en setembro deste ano en Finlandia. Isabel Lirola conta cunha dilatada experiencia no campo de traballo do Grupo Compostela. Así, foi responsable durante tres anos (2002-2004) dunha rede universitaria de ensino financiada pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) que agrupaba a universidades europeas e latinoamericanas. Ademais, debido á súa formación especializada en Dereito Europeo e Internacional realizou estancias académicas e de investigación en universidades de diversos ámbitos xeográficos e culturais (Estados Unidos, Latinoamérica, Europa, Maghreb), moitas delas como participante en programas internacionais de intercambio financiados pola Comisión Europea (TEMPUS, MEDA, ERASMUS). A secretaria executiva será responsable da xestión das actividades do Grupo Compostela, baixo a dirección do presidente, e certificará acordos e outros documentos relacionados.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.02.2012.