ITMATI celebrará na USC a xuntanza do European Study Group with Industry
O Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), consorcio das tres universidades galegas, e a Rede Española Matemática –Industria (math-in) organizarán entre os días 18 e 23 de setembro en Santiago o 122 European Study Group with Industry (ESGI).
ESGI constitúe un foro noq ue científicos industriais e investigadores matemáticos poderán traballar de xeito conxunto problemas de interese para a industria. Este edición, que reunirá especialistas das amas de Matemática Aplicada e Estatística e Investigación Operativa, ten como obxectivo o fomento da transferencia Matemática cara a industria buscando activamente proxectos de investigación e desenvolvemento onde a matemática teña unha especial relevancia.
A asistencia é gratuíta previa realización do proceso de rexistro. A data límite de inscrición é o 15 de setembro, trámite que deberá realizarse na web.