O Itmati presentará nun obradoiro o seu balance de actividade durante o pasado ano
Na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da USC, o consorcio público Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) organizará o xoves 8 o obradoiro ‘Itmati: un consorcio das tres universidades galegas para facilitarlles aos investigadores a transferencia da Matemática Industrial á empresa’.
Os asistentes coñecerán de primeira man os resultados deste instituto a través da presentación da memoria correspondente a 2015, ademais de profundar na adscrición de novos investigadores/as e procedementos de renovación da adscrición e analizar a relación do centro co sistema universitario galego. A presentación da memoria diríxese tanto a investigadores universitarios galegos como a medios de comunicación.
O encontro celebrarase na Aula Magna da Facultade de Matemáticas aínda que a organización facilitará tamén a participación en liña mediante o sistema Adobe Connect –que permite a interacción dos usuarios/as- e en streaming no portal Lifesize que, sen posibilidade de interacción facilita igualmente seguir a retransmisión en directo (http://193.144.34.42/videos/).
As persoas interesadas poden confirmar a súa asistencia enviando un correo electrónico antes do 8 de setembro ao enderezo itmati [at] itmati.com (itmati[at]itmati[dot]com), indicando se a asistencia será presencial ou virtual.