O IV Ciclo Universitario do Campus de Lugo organiza unhas conferencias sobre consumo
A problemática do consumo en xeral centra un ciclo de conferencias que organiza en Lugo o IV Ciclo Universitario e que dan comezo este mércores 16 ás 20.00 horas na Casa do Saber coa intervención do avogado e presidente da Asociación de Consumidores e Usuarios de Lugo, Jacobo Vázquez Rodríguez. O avogado lugués falará dos dereitos dos consumidores fronte ao consumo, concretamente dos abusos bancarios e dos contratos de telefonía. Ademais, explicará as vantaxes do asociacionismo como mecanismo de defensa. O ciclo continuará o 23 de novembro cunha conferencia sobre seguridade alimentaria a cargo da profesora da USC Pilar Calo Mata e outra o 30 na que a directora da Asociación de Consumidores e Usuarios de Lugo, Vanesa Arbesú González, exporá a súa visión sobre os contratos e facturas da enerxía eléctrica, a publicidade e o endebedamento das persoas, entre outros asuntos.