Ir o contido principal

O IV Ciclo Universitario celebra este sábado o acto de fin de curso

Os graduados superiores (2005-2008) e superiores sénior (2004-2009) do IV Ciclo Universitario da USC para maiores de 50 anos celebra este sábado, 6 de xuño, o seu acto de fin de curso, que presidirá o vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, Máximo Pló Casasús.
No acto intervirá Mercedes Llerena Carregal en representación da oitava promoción de Graduados Superiores Sénior; o director do IV Ciclo, Maximino Quintáns Rodríguez; e a madriña da promoción, a profesora Teresa Rodríguez López, a quen se lle imporá a insignia conmemorativa.
Os graduados recibirán os seus diplomas e insignias respectivas, para rematar a cerimonia cunhas verbas da secretaria xeral de Familia e Benestar da Xunta de Galicia, Susana López Abella.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.06.2009.