IV Concurso de Lemas contra a Violencia de Xénero

Dirixido ao alumnado da USC, a Oficina de Igualdade de Xénero convoca o IV Concurso de Lemas contra a Violencia de Xénero, cuxo prazo de presentación remata o vindeiro 14 de novembro.
Os lemas, orixinais e inéditos, deben estar escritos en galego cunha extensión máxima de 140 caracteres. Entre os presentados, escolleranse ata un máximo de catro gañadores, dous por cada campus universitario, que levarán 100 euros e un diploma acreditativo.
Esta actividade responde ao obxectivo específico 21 do II Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes da USC dirixido a implementar un programa de prevención da violencia de xénero no contexto universitario.