Ir o contido principal

O IV International Day converterá Compostela no escaparate das culturas intercontinentais para alumnado interesado en programas de mobilidade

Estudantes internacionais ofrecerán información sobre gastronomía, economía e a vida universitaria nos seus paises de orixe

Estudantes de África, Europa, América ou Asia participarán este xoves na IV Edición do International Day, unha xornada na que estudantes estranxeiros que cursan estudos actualmente na USC amosarán as particularidades dos seus respectivos países de orixe para así facilitar a elección dun futuro destino a aquelas persoas que vaian participar en programas de mobilidade.

O encontro desenvolverase este xoves 26 dende as 11.30 ás 19.00 horas na Facultade de Xeografía e Historia. Neste simbólico espazo, o International Day reunirá máis de 50 expositores de distintos lugares do mundo, entre eles Irán, Vietnam, Armenia, Xapón, Tunicia, Chile, Tíbet, Andorra, Albania, Brasil, China, México, India, Reino Unido ou Turquía.

En cada stand os estudantes mostrarán aqueles aspectos do seu país que consideren máis significativos: a xeografía, o estilo de vida, a gastronomía ou a vida estudantil. Moitas das intervencións estarán apoiadas en material audiovisual, e o canto, a música, o baile e a gastronomía serán outros dos atractivos da xornada.

A iniciativa organízaa a Asociación Erasmus Compostela (ESN Santiago) xunto coa Vicerreitoría de Internacionalización da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.11.2015.