Ir o contido principal

Jean Bernard Auby presentou da Facultade de Dereito o seu libro Droit de la Ville

Jean Bernard Auby presentou na Facultade de dereito o seu libro Droit de la Ville
Jean Bernard Auby presentou na Facultade de dereito o seu libro Droit de la Ville
O profesor é un dos máis importantes expertos internacionais en Dereito Público

O profesor francés Jean Bernard Auby presentou na Facultade de Dereito da USC o seu libro Droit de la Ville no que o experto internacional analiza dende a óptica do dereito cidadán a complexa organización nunha cidade. O acto estivo organizado polo grupo de Dereito Administrativo e Entidades do Sector Público da USC. Na intervención o autor explicou o concepto de ‘dereito á cidade’ que aborda no libro e que marca o enfoque do libro. Jean Bernard Auby explicou que a obra pretende facer reflexionar sobre todo aquilo que ten que ver co funcionamento dunha cidade e os problemas que suscita, como o dereito á vivenda, o dereito á mobilidade, á seguridade, e aos servizos públicos, entre outros aspectos analizados. Jean Bernard Auby é profesor do Institut d´Etudes Politiques da Universidade Sciences Po de París. Foi decano da Facultade de Dereito da Universidade París XII e profesor de Dereito Público na Universidade París II, así como director adxunto do Instituto de Dereito Europeo. Auby foi tamén presidente da Asociación Française de Droit des Collectivités Locales e director da enciclopedia francesa de dereito administrativo. Conta cunha extensa lsita de publicacións especializadas como libros, artigos e contribución a enciclopedias xurídicas. O grupo de Dereito das Administracións e Entidades do sector público da USC centra as súas investigacións na actuación e organización administrativa, e organizan seminarios, charlas e outras actividades formativas relacionadas con este tema.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.04.2014.