Ir o contido principal

Jesús Madriñán inaugura na Zona "C" a instalación fotográfica 'En branco'

O proxecto resulta do II Premio de Comisariado convocado en colaboración co Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC

O artista Jesús Madriñán inaugura este mércores 24ás 20:00 horas a súa instalación fotográfica ‘En Branco’ nacida especificamente para a Zona “C”, o espazo para artistas mozos impulsado pola Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais de Santiago.
A partir dunhas fotografías realizadas e concibidas para a propia sala, a exposición pretende xogar coa sorpresa do espectador a través dunha serie de ilusións ópticas que incorporan ao visitante a unha realidade onírica de personaxes que levitan o seu redor, perdidos na soidade dunha paisaxe que se desmaterializa no branco da propia sala.
O proxecto, do que é comisaria Clara Rodríguez Cordeiro, é resultado do II Premio de Comisariado convocado en colaboración co Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC e nace co desexo de visibilizar a mirada do novo fotógrafo, transformando en obra de arte tanto o propio espazo expositivo como aos seus visitantes, habitantes existenciais tamén dun estético baleiro compartido.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.06.2009.