Ir o contido principal

José Manuel Busto Leis, da USC, acada o número 1 do MIR 2019

José Manuel Busto Leis, da USC, acada o número 1 do MIR 2019
José Manuel Busto Leis, da USC, acada o número 1 do MIR 2019
Tamén dous egresados de Farmacia da USC se sitúan entre os dez primeiros postos do FIR

O egresado da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela José Manuel Busto Leis, orixinario de Barro (Pontevedra), acadou o número 1 do exame MIR 2019, segundo os resultados provisionais que hoxe publica o Ministerio.

Na proba, Busto Leis obtivo unha puntuación de 93,1034 que, cun baremo de 3,3654 a total foi de 101,9231.

FIR 2019 Tamén na convocatoria FIR deste ano destaca a Universidade de Santiago, que sitúa entre os dez primeiros postos un total de dous egresados. Así, Manuel Busto Iglesias (Cambados) quedou en cuarta posición, mentres que Alejandro Martínez Pradeda (Poio) conseguiu o oitavo posto.

Os resultados serán provisionais ata o próximo 21 de marzo, cando se coñecerán os definitivos. Xa o 22 de abril celebrarase o acto de asignación de prazas de Interno Residente de cada unha das convocatorias.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2019.