Ir o contido principal

José Manuel Silva falará na EPS do futuro da política agrícola común

O director xeral de Agricultura da Comisión Europea estará acompañado do reitor

‘A política agrícola común despois de 2013’ é o título da conferencia que o director xeral de Agricultura da Comisión Europea, José Manuel Silva Rodríguez, pronunciará o vindeiro luns, 9 de maio, no Campus de Lugo.

A conferencia, na que estará acompañado do reitor compostelán Juan Casares, terá lugar ás 12:00 horas no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.05.2011.