Ir o contido principal

O Laboratorio de Radiofísica da USC inaugúrase este mércores

O reitor compostelán, Senén Barro Ameneiro, inaugurará este mércores, 15 de xullo, o Laboratorio de Radiofísica emprazado na Facultade de Física da USC.
O acto, que se desenvolverá ás 12:00 horas na Aula Magna de Física, contará coas intervencións da directora de Xestión da Investigación, Sonia Martínez; e do director do Laboratorio, o profesor Faustino Gómez.
Logo de entregarlle un obsequio ao xefe do Servizo de radiofísica e protección radiolóxica do centro Radiolóxico de Galicia en recoñecemento á súa traxectoria profesional, o profesor Antonio Brosed Serreta pronunciará a conferencia ‘A metroloxía, base da calidade en radioterapia’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.07.2009.