Laura María Fernández Pardo, accésit no III Concurso de Modelización Matemática
O certame contou cun total de 114 alumnos e 51 grupos admitidos
Santiago de Compostela
Laura María Fernández Pardo, alumna do Grao en Matemáticas da USC, acaba de lograr un accésit no III Concurso de Modelización Matemática (CMM- IMI), organizado polo Instituto de Matemática Interdisciplinar de Madrid coa colaboración da Sociedade Española de Matemática Aplicada e o Comité Español de Matemáticas, así como de diversas entidades entre as que se atopa o Instituto de Matemáticas (IMAT) da USC.
O problema exposto no concurso, relacionado coa pandemia da COVID-19, foi modelos dinámicos para "dobregar a curva", contando cun total de 51 grupos admitidos e 114 participantes.