Ir o contido principal

O libro A Prehistoria de Lugo á luz das descobertas recentes presentarase este venres na Vicerreitoría de Lugo

O libro A Prehistoria de Lugo á luz das descobertas recentes presentarase aos medios de comunicación este venres 8 a partir das 11.30 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo. Intervirán o vicerreitor Pedro García Herradón; os editores científicos do volume, os profesores de Historia Antiga Mª Dolores Dopico e Manuel Villanueva; e o catedrático de Prehistoria, Ramón Fábregas Valcarcel. Este volume constitúe as Actas do curso homónimo celebrado en Lugo en abril de 2009. Ademais, a mesma obra será obxecto de presentación ao público xeral este mesmo venres nun acto que comezará ás 20.00 horas no Salón de Actos da Vicerreitoría luguesa. Nel o catedrático de Prehistoria e investigador do Instituto Internacional de Investigacións Prehistóricas de Cantabria Manuel R. González Morales impartirá a conferencia ‘Vida e morte nas covas do paleolítico cántabro’, para expor os últimos resultados das súas escavacións que presentará en primicia e que segundo adiantou serán sorprendentes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.07.2011.