Un libro do profesor Marcelino Agís sobre Mircea Eliade, traducido ao xaponés

A obra Mircea Eliade: una filosofía de los sagrado, do profesor Marcelino Agís, acaba de estrear unha versión traducido ao xaponés pola editorial Kansai University Press. O volume primixenio editouno o Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC en 1991. Este novo volume é froito de catro anos de traballo do catedrático de Literatura Española e Hispanoamericana no Instituto de Investigación e Ensinanza de Linguas Estranxeiras da Universidade de Kansai (Osaka), Wataru Hirata, profesor que xa ten traducido con anterioridade a autores tan relevantes como Alejo Carpentier, entre outros. A translación ao xaponés desta obra de Marcelino Agís súmase á tradución ao ruso de Caminantes. Un itinerario filosófico (2009) e á deste mesmo libro que apareceu no Salvador para toda América co título El camino de la filosofía.