Ir o contido principal

Os libros da USC están dispoñibles na Biblioteca Dixital sobre Migracións e Interculturalidade da Fundación de los Pueblos de Andalucía

Este arquivo conta cunha gran cantidade de títulos sobre temas relacionados cos movementos migratorios e a súa problemática

Os libros da Cátedra Unesco 226 sobre Migracións, editados polo Servizo de Publicacións da USC, están xa dispoñibles na Biblioteca Dixital sobre Migracións e Interculturalidade promovida pola Fundación para el Desarrollo de los Pueblos de Andalucía (Fudepa). A biblioteca dixital reúne a texto completo, en acceso restrinxido, unha enorme cantidade de títulos en castelán, inglés, francés e outros idiomas, editados por centros de investigación, institucións e centros oficiais, ONG,s, editoriais universitarias e privadas. Todas as publicacións teñen como nexo común a temática, vinculada a temas relacionados cos movementos migratorios e a súa complexa problemática. O acordo entre a Universidade de Santiago e a Fundación para el Desarrollo de los Pueblos de Andalucía contempla a concesión a USC dunha clave de acceso para uso dos seus investigadores nestas materias.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.04.2011.