Os libros da USC, á venda no centro de Madrid

Os libros editados pola Universidade de Santiago teñen dende este martes un oco físico nos estantes da libraría que a Unión de Editoriais Universitarias Españolas (UNE) inaugurou este martes no centro de Madrid, no Barrio das Letras (Rúa Duque de Medinaceli, 6). De momento da USC hai vinte novidades á venda, un volume que se irá incrementando paulatinamente como informa o director do Servizo de Publicacións e membro d axunta directiva da UNE, Juan L. Blanco Valdés, que asistiu á inauguración.
Nesta libraría científica pódense atopar exemplares das editoriais universitarias, onde 64 selos exporán e porán á venda o seu fondo editorial. A apertura foi posible grazas a un acordo asinado pola UNE e a Editorial do Consello Superior de Investigacións Científicas, mediante o cal a libraría científica deste organismo cede parte do seu espazo á asociación das editoriais, da que o CSIC tamén é membro.