Ir o contido principal

A licenciada en Odontoloxía da USC Maite Pena acada un dos premios Proclinic ao mellor expediente académico

Maite Pena, no centro, recibiu o galardón nun acto recente celebrado en Madrid
Maite Pena, no centro, recibiu o galardón nun acto recente celebrado en Madrid

A licenciada en Odontoloxía pola USC Maite Pena Cristóbal acaba de recibir un dos premios ao Mellor Expediente Académico outorgado entre o alumnado que realizou os seus estudos de odontoloxía en España na promoción 2008-2013. Esta é unha iniciativa do empresa distribuidora Proclinic xunto coa Conferencia de Decanos de Facultades de Odontoloxía de España que se dirixía ao estudantes que remataron a carreira co mellor rendemento académico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.11.2013.