Ir o contido principal

A Liga Estudantil Galega do campus de Lugo celebra este mércores un magosto nos soportais da cafetería da Politécnica

Cartaz anunciador do magosto universitario
Cartaz anunciador do magosto universitario

A Liga Estudantil Galega do campus de Lugo celebrará este mércores, día 6 de novembro, un magosto nos soportais da cafetería da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo.

As persosas que participen neste magosto, que se desenvolverá a partir das 20.00 horas, poderán, ademais de degustar os máis de 70 quilos de castañas que se repartirán entre os asistentes, escoitar música tradicional galega. O magosto universitario organizado pola Liga Estudantil Galega no campus de Lugo é unha convocatoria aberta ao estudantado dos distintos centros universitarios, pero tamén ao persoal de administración e servizos (PAS) e ao persoal docente investigador que forman parte da comunidade universitaria luguesa. Os promotores desta festa gastronómica, que conta co apoio da Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua da USC, así como da Deputación Provincial de Lugo, salientan que coa organización deste magosto pretenden promover as tradicións propias de Galicia ademais de dalas a coñecer ás persoas que non as coñezan.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.11.2013.