Ir o contido principal

Logo de trinta e cinco anos de servizo universitario, xubilouse Luisa Romero Fernández

Luisa Romero Fernández
Luisa Romero Fernández

Testemuña dos últimos trinta e cinco anos da historia da Universidade compostelá, a compañeira Luisa Romero Fernández inicia agora un novo proxecto na súa vida lonxe do bulicio universitario. A numerosa afluencia de compañeiros e compañeiras á homenaxe celebrada recentemente no convento de San Francisco dá boa nota da súa pegada persoal e profesional entre os que con ela conviviron.
Ata agora xefa de negociado no Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica, Luisa Romero tamén deixou constancia do seu bo facer no antigo Servizo de Ensinanzas Medias ou nos servizos de Persoal e Alumnado. A súa lembranza deixa numerosas anécdotas e a pegada de quen foi capaz de mirar a faciana máis humana do traballo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.01.2009.