Ir o contido principal

'Lola, a película', proxección deste xoves no ciclo Música en Imaxes

A Fonoteca universitaria proxecta este xoves, día 30, o filme Lola, a película, dirixida por Miguel Hermoso. A actividade, que terá lugar ás 18:00 horas na sede da Fonoteca en Ciencias da Comunicación, enmárcase no ciclo Música en Imaxes.
A cinta, con guión de Antonio Onetti, está interpretada por Gala Evora, José Luis García Pérez e Carlos Hipólito.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.10.2008.