Lugo Cultural presenta a programación de decembro
Os representantes das cinco institucións que conforman Lugo Cultural, a USC, a Consellaría de Cultura, a Deputación Provincial, o Concello de Lugo e a Fundación Caixa Galicia, presentarán o mércores 9 de decembro ás 12:00 horas, na Sala de Prensa do Vicerreitoría, os derradeiros concertos que terán lugar dentro da programación deste ano.
Ao remate do acto, os membros do grupo Kentokaki interpretarán un dos temas que formarán parte do seu segundo traballo.