Ir o contido principal

Lugo Cultural presenta a XVI edición do Maratón Fotográfico do campus

Os representantes das cinco institucións que conforman Lugo Cultural, a Vicerreitoría de Cultura da USC, a Delegación Provincial da Consellaría de Cultura, a Deputación Provincial, o Concello de Lugo e a Fundación Caixa Galicia, presentarán o luns 8 de marzo ás 11:30 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación a XVI edición do Maratón Fotográfico do campus lugués.
Na presentación estarán o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Carlos Rodríguez Andina; o delegado de Cultura da Deputación Provincial, Antonio Veiga; e o xerente territorial da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez. Tamén asistirán a responsable da Oficina de Cultura do Campus de Lugo, Paloma Lugilde, e o coordinador do Espazo Fotográfico da USC, Eduardo Ochoa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.03.2010.