Ir o contido principal

Lugocultural presenta a Semana de Benvida coa que pretende estreitar lazos entre o campus e a cidade

O colectivo Lugocultural organiza para os días do 15 ao 19 de outubro a Semana de Benvida coa que pretenden estreitar lazos entre o Campus Universitario e a cidade de Lugo a través dunha serie de actividades como actuacións de teatro, danza, concertos ou exposicións.
A Semana de Benvida será presentada este martes en roda de prensa, ás 12:00 horas, na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación e ao acto asistirán o Vicerreitor de Cultura da USC, Elías J. Torres Feijó; o alcalde da cidade de Lugo, José López Orozco; o xerente da Fundación Caixa Galicia en Lugo, Sinesio Pérez; o delegado provincial da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Xoán Xosé Molina; e o representante da Deputación de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.10.2007.