Ir o contido principal

Luis Miguel Varela Cabo, novo decano da Facultade de Física

O profesor do Departamento de Física da Materia Condensada Luis Miguel Varela Cabo resultou elixido este martes novo decano da Facultade de Física.
Varela Cabo acadou en segunda volta os votos necesarios para proclamarse decano -45 dos 90 emitidos, con 4 brancos- fronte ao outro candidato, o profesor Ignacio Durán Escribano. O equipo decanal estará composto ademais por José Manuel Sánchez de Santos como vicedecano e Elena López Lago como secretaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.05.2010.