O luns ábrense os prazos para as actividades deportivas de verán en Santiago e Lugo

Á área de Deportes da USC ten pechado xa o calendario de actividades para os meses de xuño e xullo nos campus de Santiago e Lugo, nas que poderá participar calquera persoa que previamente se inscriba como usuaria do servizo. A inscrición para as actividades de xuño abrirase o 6 de maio, establecéndose prazos posteriores para as do mes de xullo e en función da categoría dos solicitantes. Os trámites deben facerse a través do web de Deportes da USC ou ben nas oficinas de cada campus. En xuño en Santiago ofrécense aeróbic, ioga, kung-fu, mantemento, mellora da condición física, pilates, step, tai-chi e cursos intensivos de natación e actividades acuáticas. En xullo haberá ioga, kung-fu, pilates, tai-chi e cursos intensivos de tenis, natación e actividades acuáticas. Campus de Lugo As escolas deportivas previstas para o mes de xuño no Campus de Lugo –que darán comezo o día 3- son as de ximnasia de mantemento, G.A.P, pilates, ioga, squash, esgrima e mantemento+aeróbic+step.