Ir o contido principal

O luns comeza no Paraninfo o segundo ciclo de concertos Novos Talentos Musicais

O luns comeza no Paraninfo o segundo ciclo de concertos Novos Talentos Musicais
O luns comeza no Paraninfo o segundo ciclo de concertos Novos Talentos Musicais

O luns 19 comeza no Paraninfo da Universidade o segundo ciclo de concertos Novos Talentos Musicais que, co organizado con Compostela Sound, se desenvolverá ata finais de marzo. Serán en total nove recitais interpretados por 23 promesas galegas da música e un cuarteto de clarinetistas.

Todos os concertos serán no Paraninfo da Universidade (con entrada libre ata completar aforo) excepto o do 3 de marzo, que terá lugar na Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela, e o do 10 de marzo, que desenvolverá a primeira parte na Igrexa e a segunda no Paraninfo. Os programados pola semana serán sempre ás 20.30 e os dos sábados ás 12.00 horas.

Programa O ciclo comeza o luns 19 no Paraninfo coa actuación do guitarrista Manuel Pérez Vázquez e a saxofonista Andrea González Pérez. Continuará o sábado 24 horas coa violinista Valeria Martínez Malec, o pianista Jacobo Ramos Casariego e o saxofonista Manuel García Carrera.

O luns 26 actuarán Óscar Vázquez Valiño (trombón baixo), Sergio Gómez Rodríguez (piano) e Francisco Gaspar Tomás López. Xa o sábado 2 de marzo será a quenda dos violinistas Alfonso Sánchez Velazco, Paula Diz Parrondo e Javier Crugeiras Ríos.

O ciclo continúa o luns 5 de marzo cos recitais de Beatriz Sánchez Morales (frauta travesa), Andrea Ramos Diéguez (clarinete) e David Poghosyan Antonyan (violín). O concerto do sábado 10 correrá a cargo de Adrián Regueiro García (órgano) e o dúo de voz e piano de Esperanza Mara Filgueira Rama e Estefanía Cereijo Omil.

Uxía Gómez Medal (violín), Yuri Durán Castro (piano) e María Rodríguez Estévez serán quen protagonicen o recital do luns 12; para continuar o ciclo o mércores 21 coa actuación de Buruktawit Martins González (violín), Martín Manuel Chaves Fraga (piano) e Manuel Doel Carreira.

O último dos concertos, o do sábado 24 de marzo, correrá a cargo de Ana María Senn Lozoya (piano) e do cuarteto de Clarinetes ‘Tetramorph’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.02.2018.