O luns son as eleccións de representantes nas Xuntas de Centro e nos Consellos de Departamento

As eleccións para renovar representantes nas Xuntas de Centro e nos Consellos de Departamento desenvolveranse o vindeiro luns 18 por votación electrónica.
Na web electoral http://www.usc.es/gl/goberno/secxeral/eleccions2017.html estará habilitado un enlace á aplicación e-voto dende as 9:00 ata as 19:00 horas, onde haberá que identificarse mediante as claves de acceso corporativas da USC (o alumnado coas de acceso á Secretaría Virtual).
Para as eleccións nas Xuntas de Centro (Facultades e Escolas) está convocado o PDI sen vinculación permanente e investigadores en formación, o estudantado de grao e máster e o PAS. Nos Consellos de Departamento renovaranse os representantes das restantes categorías de PDI e do persoal investigador en formación, o PAS e o alumnado de doutoramento, grao e máster.