Ir o contido principal

Margarita Ledo Andión recibe a Medalla TECMERIN da UC3M

Margarita Ledo Andión recibe a Medalla do Grupo de Investigación TECMERIN
Margarita Ledo Andión recibe a Medalla do Grupo de Investigación TECMERIN
O grupo de investigación 'Televisión-Cine: Memoria, Representación e Industria (TECMERIN)' da Universidade Carlos III de Madrid distingue con este galardón a colaboración e traxectoria investigadora da profesora emérita da USC

A coordinadora do Grupo de Estudos Audiovisuais da USC, Margarita Ledo Andión, recibiu este 21 de setembro a distinción coa que o grupo de investigación 'Televisión-Cine: Memoria, Representación e Industria' (TECMERIN) da Universidade Carlos III de Madrid recoñece cada ano o labor investigador de profesionais pertencentes a outras institucións cunha longa traxectoria en colaboración co grupo.

O acto de entrega celebrouse no marco das xornadas `Mulleres e cinema en Iberoamérica: políticas, representacións, historias, interseccionalidades' que este grupo de investigación adscrito ao Instituto do Cinema Español da UC3M organizou na Facultade de Humanidades, Comunicación e Documentación do Campus de Xetafe do 21 ao 23 de setembro.

Carmen Ciller, profesora titular da Universidad Carlos III de Madrid e subdirectora do Instituto Universitario do Cinema Español, foi a encargada de conducir este acto de homenaxe que premiou tamén outras académicas de recoñecido prestixio no ámbito da comunicación en España: as investigadoras Giulia Colaizzi, da Universidade de Valencia, Cristina Peñamarín, da Universidade Complutense de Madrid e Rosa Franquet, da Universidade Autónoma de Barcelona.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.09.2022.