Ir o contido principal

María Xosé Queizán e Mónica Bar debaten sobre feminismo galego en Xeografía e Historia

A Facultade de Xeografía e Historia da USC acolle este martes, 11 de maio, o debate ‘Feministas galegas: unha revolución en marcha’ co que quere conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora e o Centenario da incorporación da muller á Universidade.
Serán a escritora María Xosé Queizán, catedrática de lingua e literatura galega e figura relevante do feminismo en España, e a investigadora Mónica Bar Cendón, autora do libro Feministas galegas. Claves dunha revolución en marcha, quen debatan sobre a cuestión formulada ás 19:00 horas na Aula 9 da Facultade de Xeografía e Historia. Modera a mesa a profesora de Historia Contemporánea da USC, Isaura Varela.
Esta é unha máis das actividades que a Comisión de Cultura da Facultade de Xeografía e Historia da USC, co patrocinio da Vicerreitoría de Calidade e Planificación da USC, organiza para conmemorar este ano os cen anos do acceso da muller á Universidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.05.2010.