Ir o contido principal

María Xosé Rodríguez Galdo e María del Carmen Guisán Seijas inauguran os II Coloquios de Economía Aplicada

María Xosé Rodríguez Galdo e María del Carmen Guisán Seijas inauguran os II Coloquios de Economía Aplicada
María Xosé Rodríguez Galdo e María del Carmen Guisán Seijas inauguran os II Coloquios de Economía Aplicada

Os II Coloquios de Economía Aplicada inauguraranse este mércores 24 ás 17.00 horas cunha sesión dedicada a ‘O fin das mulleres coidadoras? Implicacións económicas e significados’, na que intervirán as profesoras María Xosé Rodríguez Galdo e María del Carmen Guisán Seijas.

A asistencia a estes coloquios, que se van desenvolver periodicamente ao logo do curso académico, é libre ata completar o aforo da aula B da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

As catedráticas María Xosé Rodríguez Galdo e María del Carmen Guisán Seijas contan cunha dilatada experiencia profesional no eido académico, a primeira no campo da Historia Económica e a segunda no da Econometría, sendo recoñecidas representantes dos Departamentos de Economía Aplicada e de Economía Cuantitativa da USC, respectivamente.

Ademais do seu extenso currículo académico, cabe destacar que a Facultade d decidiu o pasado curso aprobar dous premios á introdución da perspectiva de xénero que levan o nome destas dúas docentes: Premios Mª Carmen Guisán Seijas á introdución da perspectiva de xénero nos Traballos de Fin de Grao e Premios Mª Xosé Rodríguez Galdo á introdución da perspectiva de xénero nos Traballos de Fin de Master.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.10.2018.