O Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneos preséntase este luns na Facultade de Xeografía e Historia
Formar profesionais especializados nas necesidades reais da demanda laboral que existe por parte das institucións públicas do mundo da arte é o cometido do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneos que este luns, día 24, se presenta en rolda de prensa.
Na presentación, que terá lugar ás 12:30 horas na Sala de Profesores de Xeografía e Historia, intervirán o director xeral de Turismo, Rubén Lois; o director do CGAC, Manuel Olveira; e a catedrática de Historia da Arte María Luisa Sobrino, co directora do Máster xunto con Federico López Silvestre.
O posgrao céntrase no ámbito de coñecemento específico da arte das últimas décadas, abarcando dende aspectos conceptuais e prácticos sobre a crítica, ata o mundo dos museos e as exposicións, a súa xestión, a súa produción e montaxe, didáctica e demais actividades que acheguen a arte á sociedade actual. As clases desenvolveranse na USC e no CGAC dende o 15 de novembro de 2007 ao 20 de setembro de 2008.