Ir o contido principal

O Master-Class de Física de Partículas celebra unha nova edición

A master class tivo lugar na Facultade de Física
A master class tivo lugar na Facultade de Física

Medio centro de estudantes de toda Galicia participaron este venres na Facultade de Física nunha nova edición de Master-Class de Física de Partículas, iniciativa pola que os mozos asisten ao longo de toda unha xornada en actividades relacionadas coa disciplina coordinadas polo Centro Europeo de Físicas de Partículas (CERN).
Esta sesión realízase de xeito simultáneo ademais de na USC nas universidades de Mainz (Alemaña), Stasburg (Francia), Viena (Austria), Autónoma de Madrid e na de Rio de Xaneiro (Brasil).
Os asistentes á Master-Class, procedentes de vinte centros de toda Galicia, asistiron a unha serie de conferencias impartidas polos profesores Carlos Pajares, Juan José Saborido, Carlos Salgado e Jaime Álvarez. Ademais participaron na análise dun experimento desenvolvido conxuntamente, por medio de audioconferencia, coa alumnos das outras universidades participantes.
Con esta iniciativa quérese facilitar a aprendizaxe dos fenómenos máis fundamentais da materia e divulgar as investigacións que se realizan na actualidade mediante a colisión de partículas elementais. Os alumnos familiarízanse así con aspectos concretos deste eido da física a través do contacto con investigadores e da realización de ensaios con datos reais dos seus propios experimentos nesta disciplina.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2010.