O Máster DEIN organiza unha xornada sobre Big-data e software
O máster DEIN organiza este mércores unha xornada sobre innovación co lema ‘Big-data e software: novos horizontes para a innovación’ . No Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, comezará ás 16.15 horas.
Logo da presentación que realizará o profesor Xavier Vence da xornada, o profesor da UdC e Ceo de TorusWare, Guillermo López Taboada, falará sobre o potencial do Big-data para a innovación. A partir das 18.00 horas Miguel Varela, de Teimas Desenvolvemento SL, trata a ‘ Innovación de software e economía circular: aplicación na xestión de residuos’ mentres que José Ramón Pichel Campos, director de I+D en Imaxin|Software, presentará o relatorio ‘Software libre como modelo de negocio innovador. O caso de Opentrad’.
Esta xornada conta coa colaboración da Deputación da Coruña e da Axencia Galega de Innovación (GAIN).