Ir o contido principal

O máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza bota a andar a súa cuarta edición este venres en Profesorado

O máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (DAEN), un posgrao oficial da USC coordinado e dirixido polo profesor do Departamento de Teoría, Historia da Educación e Pedagoxía Social da USC, Uxío Otero Urtaza, botará a andar este venres, a partir das 17.30 horas, no salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, a súa cuarta edición no marco dun acto inaugural que estará presidido polo vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno.

O coordinador deste posgrao universitario e o decano da Facultade de Formación do Profesorado da USC, Francisco Rodríguez Lestegás, tamén intervirán na sesión inaugural da cuarta edición deste máster, un acto no que se agarda a presenza de representantes do Concello e da Deputación de Lugo. Unha vez rematada a sesión inaugural, os 25 alumnos que formalizaron a súa inscrición nesta edición do máster DAEN empezarán as sesións formativas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.09.2015.