O Máster en Mediciación clausurarase este venres nun acto presidido polo reitor
O reitor Juan Casares presidirá este venres 29 no Salón de Graos da Facultade de Dereito a clausura do Máster en Mediación. A sesión está previsto que comece ás 20:00 horas coa presenza da secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, e da secretaría xeral da Consellaría de Sanidade, Sagrario Pérez. No desenvolvemento acto intervirán ademais o presidente de GEMME, Agustín Azparren, o presidente do Colexio Oficial de Administradores de Fincas, Martín Bermúdez, e o decano da Facultade de Dereito, Luis Míguez Macho.