Ir o contido principal

O máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio da USC facilita a inserción laboral con prácticas en empresas e entidades

Miranda, Piñeiro, Bueno e Teijeiro, na presntación do VI Mästerterra na sede do Ibader
Miranda, Piñeiro, Bueno e Teijeiro, na presntación do VI Mästerterra na sede do Ibader
A inscrición neste posgrao oficial pioneiro en España remata o 2 de outubro. As clases impártese na Politénica de Lugo, pero existe unha modalidade telepresencial. O mellor expediente gozará dun...

O máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio da USC favorece a inserción laboral do alumnado coa oferta de prácticas en empresas e organismos públicos cuxa actividade estea relacionada coa xestión do territorio, segundo indicou o profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC e coordinador do Laboratorio do Territorio (LaboraTE) da USC e deste posgrao oficial, David Miranda Barros, no acto de presentación da sexta edición do Masterterra na sede do Ibader.

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno; a vicepresidenta segunda da Deputación, María de los Ángeles Teijeiro, e do concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal do Concello de Lugo, Daniel Piñeiro, acompañaron a David Miranda na sesión inaugural da sexta edición do Másterterra, un programa oficial de posgrao impartido na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo e a través do que a USC busca contribuír a mellorar a planificación e a organización territorial do país coa formación de bos xestores do territorio. A posibilidade que os titulados universitarios que completen esta sexta edición do Másterterra desenvolvan prácticas laborais en empresas ou organismos cuxa actividade estea relacionada coa xestión da terra e do territorio é unha das novidades da nova convocatoria deste posgrao oficial da USC. A realización destas prácticas levarase a través de convenios de colaboración entre o estudantado e as entidades e empresas interesadas na contratación dos mesmos, “pero, sempre, tutelado polos docentes da Escola e do máster e o persoal investigador”, precisou Miranda. Outro dos incentivos para o estudantado que ofrece o máster en Xestión Sustentable e do Territorio, un programa que atopa nainnovación aplicada ao mundo laboral un dos eixos centrais, é a existencia dun premio para o mellor alumno/a da promoción, cuxo esforzo será recoñecido cun contrato laboral no propio grupo de investigación do LaboraTE da USC e que terá unha duración de seis meses. Estrutura e composición do máster O masterterra dispón de 60 créditos, e 22 prazas das que 3 son a tempo parcial e 8 reservadas para alumnos de fóra do territorio nacional. O prazo de matrícula remata o 2 de outubro, e pode realizarse a través da páxina oficial da USC, no seguinte enlace: https://matricula.usc.es/LoginX/Login.asp. Ten unha duración de ata dous anos como máximo. Aborda a xetión territorial, integrando coñecementos doutras titulacións como as Enxeñerías de Montes ou Agrónomos, Arquitectura, Xeografía ou Economía. As asignaturas que se imparten están relacionadas coa política do desenvolvemento do territorio, a xestión de terras, a avaliación de plans urbanísticos, valoracións catastrais ou técnicas de análise de información espacial como os coñecidos xeoradar e drons. E dicir, que “ten unha enorme aplicación práctica en cada metro cadrado do territorio, ben sexa este urbano ou rural”, segundo destacou Miranda. Dezaseis profesionais expertos na materia e outros quince visitantes -isto é, convidados ou que aplican a súa formación en empresas- integran o persoal docente. Conta coa colaboración e financiamento de entidades públicas e privadas, tales como a Deputación de Lugo ou a Fundación Juana de Vega, entre outras. Finalmente, cabe destacar que, os mellores proxectos de fin de máster, tamén son publicados pola USC nunha das publicación anuais da mesma. Actividade formativa pioneira en España O máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio, más coñecido como masterterra, é unha actividade pioneira a nivel nacional, pois de todas as universidades españolas tan só o Campus lucense ofrece esta disciplina dende unha perspectiva multisectorial. Orientada a un perfil académico do investigador, está especializada na optimización da extensa riqueza territorial galega, lucense e española. A modalidade telepresencial é outro dos aspectos que fan que esta sexa unha iniciativa única no ámbito universitario español, tal e como puideron comprobar os asistentes ao acto de inauguración desta disciplina formativa. A través deste sistema, a Escola Politécnica ofrece a posibilidade de que alumnos extranxeiros/as e doutras universidades completen o curso sen necesidade de desprazarse a Lugo, participando no desenvolvemento da actividade lectiva nas aulas. Cada ano, este tipo de formación se vai consolidando máis, de tal xeito que é a escollida por un bo número de estranxeiro. Concretamente, e segundo as estatísticas que manexa a organización do máster, o 15% do estudantado soe ser internacional, preferentemente de Brasil, México, Colombia, Portugal e República Checa; entre o 15 e o 20% nacional e, o resto, da comunidade autónoma. Estudantes e docentes do posgrao oficial da USC

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.09.2015.