Ir o contido principal

Matemáticas acolle o 1º Congreso sobre Transferencia entre Matemáticas e Industria

Durante os tres días do evento reuniranse preto dun centenar de especialistas mundiais para debater sobre as últimas achegas feitas polas matemáticas nun amplo rango de industrias
Santiago de Compostela

A Facultade de Matemáticas da USC acollerá este luns 22 de xullo ás 9.30 da mañá a inauguración do 1º Congreso sobre Transferencia entre Matemáticas e Industria (CTMI 2019) que se celebrará ata o mércores 24 e que organiza o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), organismo científico participado polas tres universidades galegas con sede no Campus Vida. 

Durante os tres días do evento, reuniranse preto dun centenar de especialistas mundiais para debater sobre as últimas achegas feitas polas matemáticas nun amplo rango de industrias. Entre os asistentes figuran os destacados matemáticos Ignacio Grossmann, decano de Enxeñería Química da Carnegie Mellon University experto en optimización de procesos industriais; Stefan Nickel, profesor del Instituto Tecnolóxico de Karlsruhe que modeliza a loxística de hospitais para mellorar a eficiencia e o trato dispensado ao paciente; ou Volker Mehrmann, profesor da Universidade Técnica de Berlín que traballa na modelización de freos industriais para aumentar a súa eficiencia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.12.2019.