Ir o contido principal

Matemáticas e Física celebran a graduación das súas respectivas promocións 2006-2011

As promocións 2006-2011 das facultades de Física e Matemáticas celebrarán este venres 29 os seus actos de graduación nas súas respectivas sesión protocolaria. Na de Matemáticas, presidirá a sesión o vicerreitor de Investigación e Innovación, Francisco González, a partir das 18:00 horas na Aula Magna do centro. Acompañarano neste acto os padriños da promoción, Rosana Rodríguez López e Rodrigo López Pouso; a decana do centro, Mª Victoria Otero Espinar; e a secretaria, a profesora Josefina Ling. Logo da intervención dos padriños, tomará a palabra unha delegación de alumnos en representación da promoción integrada por Hans Martínez Rald, Paula Raña Míguez, Héctor Barge Yáñez, Ángel Manuel González Rueda, Tania Pernas Castaño e Sandra Santos Suárez. O visionado dun vídeo conmemorativo da etapa universitaria deste grupo de estudantes dará paso á secretaria do centro para facer entrega dos diplomas conmemorativos desta sesión protocolaria. Física Na Facultade de Física, a xornada comezará ás 18:30 horas, baixo a presidencia da adxunta ao reitor para Coordinación Interna, Mercedes Pintos. O acto principiará coas palabras dunha representación dos 25 alumnos que se van graduar neste curso, para continuar cos seus padriños , Mª Teresa Flores Arias e José Manuel Sánchez de Santos. A entrega de diplomas conmemorativos e as verbas do decano Luis Miguel Varela Cabo, precederán á clausura oficial da sesión.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.04.2011.