A matrícula nos cursos do Centro de Linguas Modernas do segundo semestre remata o xoves 12
A inscrición nos cursos que o Centro de Linguas Modernas ofertará este segundo semestre aínda poderá formalizarse ata o próximo xoves 12. O alumnado dos cursos de iniciación poden matricularse directamente dende a web do Centro https://matricula.usc.es/Loginx/Login.asp, mentres que o dos cursos superiores sen nivel asignado teñen que dirixirse ao enderezo clm [at] usc.es (clm[at]usc[dot]es). A oferta do CLM está dirixida tanto á comunidade universitaria da USC coma ao público en xeral maior de 16 anos. Neste novo período en Lugo poderase estudar distintos niveis de español como lingua estranxeira, galego para non galegofalantes, inglés, lingua de signose portugués. Pola súa banda, en Santiago existen prazas nalgúns grupos de alemán, árabe, catalán, checo, chinés, danés, francés, galego para non galegofalantes, italiano, lingua de signos, portugués, ruso e xaponés. No caso concreto de español como lingua estranxeira, está prevista a celebración dunha proba o día 13 ás 12.00 horas na Facultade de Dereito e na de Humanidades de Lugo especificamente para as persoas que queiras inscribirse nos cursos de segundo semestre ou nos de carácter semi-intensivo. Ademais, tamén existe a posibilidade de inscribirse. A oferta de cursos de linguas do CLM está dirixida tanto ao estudantado que solicitou bolsas de mobilidade para os próximos cursos así como para todas aquelas persoas interesadas en completar o seu currículo.