Maxisterio acolle dous concertos do Festival de Jazz o xoves e o venres
A edición número XVII do Festival de Jazz de Lugo terá como marco de actuación a Universidade de Santiago este xoves, día 16, e o venres. Así, a Escola de Formación do Profesorado acollerá dous dos concertos que se celebran estes días.
O xoves o concerto, a cargo de J. Pablo Arredondo Quartet, será ás 19:00 horas, mentres que o venres será a vez de Legacy, á mesma hora e no mesmo lugar.
Seguindo coa tónica xeral do festival, os concertos serán gratuítos e abertos a toda a poboación que o desexe.
O Festival de Jazz está organizado pola asociación Amigos do Escobijazz e subvencionada por varias entidades, entre as que figura a USC.