O maxistrado Luis Vigier fala en Dereito sobre a xurisdición militar ante o século XXI
‘A xurisdición militar ante o século XXI’ é o título da conferencia que o maxistrado Luis F. Vigier Glaría pronuncia este xoves, día 25, no marco do Seminario de Estudos de Seguridade e Defensa (CESEDEN) de Santiago de Compostela.
A intervención de Vigier Glaría terá lugar ás 20:00 horas na Aula 3 da Facultade de Dereito.