Ir o contido principal

O maxistrado do Tribunal Supremo, Luis de Castro, falará sobre incapacidade temporal na Escola de Relacións Laborais de Lugo

O maxistrado da Sala do Social do Tribunal Supremo, Luis de Castro Fernández, ofrece este venres 23 na Escola de Relacións Laborais de Lugo a conferencia ‘A xestión da incapacidade temporal por parte das mutuas de accidentes de traballo e enfermidade profesional’.
A intervención forma parte dun ciclo de actividades complementarias incluídas no Curso de Especialista en Seguridade Social que este centro lugués desenvolve dende o pasado mes de decembro e que rematará en abril. A conferencia comezará ás 18:30 horas no Salón de Actos da escola, sendo o acceso libre.
O curso de especialización en Seguridade Social rematará o 13 de abril coa participación do tamén maxistrado da Sala do Social do Tribunal Supremo e catedrático de Dereito do Traballo, Aurelio Desdentado Bonete, para falar do futuro da Seguridade Social en España.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.02.2007.