Ir o contido principal

Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes para Encarna Lago, docente do Mestrado en Servizos Culturais

Facultade de Humanidades
Facultade de Humanidades
É xerente da Rede Museística Provincial de Lugo e no seu labor nese eido prima os proxectos que promovan a inclusión, a accesibilidade e a participación comunitaria

Encarna Lago González, docente no Mestrado en Servizos Culturais da Facultade de Humanidades da USC e xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, está entre as personalidades e entidades da cultura recoñecidas coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes 2024 do Ministerio de Cultura. Os  proxectos de inclusión, accesibilidade e participación comunitaria no ámbito museístico caracterizan o labor desta xestora cultural e comisaria de exposicións.

A Medalla de Ouro ao Mérito en Belas Artes é un recoñecemento que distingue persoas e entidades que se destacaron no ámbito da creación artística e cultural ou prestaron servizos destacados na promoción, desenvolvemento ou difusión da arte e da cultura ou na conservación do patrimonio artístico.

Encarna Lago González
Encarna Lago González
Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.12.2024.