Medicina acolle un encontro de investigadores que traballan no estudo dos linfomas
A Facultade de Medicina da USC acolle o luns 3 unha xornada na que especialistas debaterán sobre as últimas novidades arredor do estudo dos linfomas, e na que se vai render homenaxe ao profesor Jerónimo Forteza, quen acaba de xubilarse. Esta xornada agrupa tres encontros diferenciados como son a Reunión Científica da Liña de Linfomas da Rede Temática de Investigación Cooperativa em Cancro (RTICC), a Rede de Grupos Estables de Investigación sobre o Linfoma da AECC e o LXII Club de Reunión do Club de Linfomas da Sociedade Española de Anatomía Patolóxica (SEAP). O programa comezará ás 9.30 horas cun seminario sobre casos clínicos, dando paso así á conferencia do médico do Hospital do Mar Sergio Serrano sobre o funcionamento dunha unidade de hemapatoloxía. A xornada matinal completarase cunha nova quenda de casos clínicos e o acto homenaxe ao profesor Jerónimo Forteza.
Xa pola tarde, a partir das 17.00 horas, presentaranse as comunicacións relativas aos grupos da RTICC seguidas da conferencia que Miguel A. Piris, do Hospital Universitario Marqués de Valdecilla, titulada ‘Linfomas: terapia dirixida guiada no diagnóstico molecular’. Unha nova sesión de casos clínicos completará o programa da xornada.