Medicina celebra este venres 18 de outubro ás 12.00 horas a festividade de San Lucas, patrón do centro
O vicerreitor de Investigación e Innovación da USC, Vicente Pérez Muñuzuri, presidirá este venres 18, a partir das 12.00 horas, os actos conmemorativos da festividade de San Lucas, patrón da Facultade de Medicina. O salón de actos do centro acollerá esta celebración dedicada a todos os profesores xubilados pola súa implicación na formación dos profesionais sanitarios, en xeral, e dos médicos en particular.
José Luis Bello, profesor da Facultade, pronunciará a lección maxistral ‘Terapia con linfocitos CAR-T’. A continuación, farase entrega das Placas Honoríficas da Facultade de Medicina e Odontoloxía aos profesores xubilados durante o curso 2018-2019, Felipe Casanueva Freijo, Alfonso Castro García, José Miguel Couselo Sánchez, Manuel Martínez Pérez, Mª del Carmen Masa Vázquez, Eugenio Pérez Becerra.