Medicina celebrou o acto de graduación
![As graduadas e graduados ateigaron o Multiusos Fontes do Sar. Foto: Santi Alvite As graduadas e graduados ateigaron o Multiusos Fontes do Sar. Foto: Santi Alvite](/sites/default/files/styles/content_inner_main_image/public/image/2024-04/Graduacion%20de%20medicina%2007.jpg?h=0b231ac9&itok=HCyFC2dW)
A cerimonia tivo lugar no Multiusos Fontes do Sar
A promoción de 2018 do grao de Medicina, que remata este ano os seus estudos, celebrou este xoves no compostelán Multiusos Fontes do Sar o acto académico de graduación, que presidiu o reitor Antonio López.
Na cerimonia, á que tamén asistiron o decano do centro, Julián Álvarez, e a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, entre outras personalidades, os centos de estudantes da promoción tiveron como padriño a Jesús Pino Mínguez e como madriña a Efigenia Arias Baltar. En representación do alumnado falaron Pilar Boullosa Isla e Antía Vilas Olveira.