Ir o contido principal

Medicina conmemorou o seu patrón cunha homenaxe aos profesionais que prestaron servizo na pandemia de gripe de 1918

A Facultade de Medicina celebrou este venres 19 a festividade do seu patrón San Lucas nun acto académico que presidiu o reitor Antonio López e que este ano rendeu homenaxe a profesionais da medicina que, expoñendo a súa vida, prestaron os seus servizos na pandemia de gripe de 1918.

O acto comezou coa lección maxistral ‘A pandemia de gripe de 2018’ a cargo do profesor emérito de Medicina Preventiva Juan Gestal Otero. A continuación, entregáronse as placas honoríficas da Facultade aos docentes xubilados/as o curso pasado Mª Marcelina Graña Barcia, Mª del Pilar Alonso Martínez, Julio Brenlla González e Mª del Carmen Peteiro García. Interviñeron tamén na cerimonia o subdirector de Procesos Asistenciais do Hospital Clínico, Luis González Taboada, e o decano da Facultade, Julián Álvarez Escudero.

Como remate, inaugurouse no claustro da primeira planta a exposición ‘A pandemia de gripe de 1918’ organizada pola Biblioteca da Facultade, cunha breve explicación a cargo da directora da Biblioteca da USC, Mabela Casal.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.10.2018.