Medicina e Odontoloxía celebrou a festividade do seu patrón San Lucas

O vicerreitor de Investigación e Innovación da USC, Vicente Pérez Muñuzuri, presidiu este venres os actos conmemorativos da festividade de San Lucas, patrón da Facultade de Medicina. O salón de actos do centro acolleu esta celebración dedicada a todos os profesores xubilados pola súa implicación na formación dos profesionais sanitarios, en xeral, e dos médicos en particular.
José Luis Bello, profesor da Facultade, pronunciou a lección maxistral ‘Terapia con linfocitos CAR-T’. A continuación, fíxose entrega das Placas Honoríficas da Facultade de Medicina e Odontoloxía aos profesores xubilados durante o curso 2018-2019, Alfonso Castro García, José Miguel Couselo Sánchez, Manuel Martínez Pérez, Mª del Carmen Masa Vázquez, Eugenio Pérez Becerra. Felipe Casanueva Freijo, tamén galardoado, non puido asistir ao acto.
Público asistente ao acto. Foto: Santi Alvite