Medicina e Odontoloxía conmemorou a súa festividade e homenaxea o profesorado xubilado durante o curso 2022-2023
A festividade da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC co gallo do día de San Lucas, patrón do centro, serviu para render tributo ao profesorado xubilado durante o pasado ano académico. Así, a sesión presidida polo reitor Antonio López homenaxeou a traxectoria de Juan Barros Dios, María Teresa Castaño Oreja, Manuel Macía Cortiñas e Juan Antonio Varela Durán.
Ademais do reitor tamén interviñeron no acto o decano Julián Álvarez Escudero, a xerente do Hospital Clínico, Eloína Núñez Masid; a vicedecana de Intercambios Innovación Docente e Calidade, Ángela Torres Iglesias; e a secretaria académica, Mª del Pilar Fernández Rodríguez, quen deu lectura á entrega de Placas Honoríficas. A lección maxistral titulada ‘O Médico Enfermo: de Quirón aos nosos días’ correu a cargo de Luis Ferrer i Balsebre.